Faleceu Mariví Villaverde, nomeada Boa e Xenerosa pola AELG en 2009
24/4/2017

A AELG lamenta a perda dunha outra voz da memoria á que sempre debemos volver: Mariví Villaverde.

O 28 de marzo de 2009 vivimos canda ela unha xornada nunca esquecida ao lle entregar a AELG o premio Boa e Xenerosa.

  • Vexa aquí a acta de concesión da homenaxe.
  • Vexa aquí as palabras do Presidente da AELG, Cesáreo Sánchez Iglesias.
  • Pode ver aquí a laudatio elaborada por Marga do Val.
  • Velaquí a resposta á laudatio por parte da Homenaxeada.

Recoñecíase en Mariví Villaverde un referente dinamizador da cultura galega no exilio arxentino a través da tradución e representación de obras en lingua galega, xunto ao seu compañeiro e escritor Ramón de Valenzuela, recoñecida hoxe tamén como escritora, como directora, noutrora, do xornal Galicia xunto a Arturo Cuadrado, mais sobre todo como muller-testemuña consciente das cicatrices dun tempo privativo e coutador.

Unha vida solidaria, xenerosa, coherente e entregada aos valores sólidos que chantan en nós a grandeza da liberdade.

Hoxe, 24 de abril, será incinerada e en xuño farase o funeral.