Arquivo fotobiográfico d@s Escritoræs

O Arquivo fotobiográfico d@s Escritoræs recompila e cataloga fotografías actuais e históricas que, baixo distintos tipos de licenzas, permite á sociedade consultar e colaborar na conservación do patrimonio fotográfico do noso sistema literario: calquera persoa poderá subir aquelas fotos do seu arquivo persoal que teñan que ver con actos literarios ou poidan axudar a completar as fotobiografías literarias das escritoras e escritores.

As achegas non se publican automaticamente senón que son sometidas a un proceso de revisión que autoriza ou non a súa inclusión; este proceso demora uns días. A AELG limítase a ofrecer un catálogo documental deste patrimonio fotográfico, e non xestiona os dereitos de reprodución, remitíndose ás licenzas que figuran en cada fotografía. Pode remitir as súas consultas a oficina@aelg.org.
Praza Maior. Lugo (2016)
Casa da Cutura. O Carballiño (2016)
Centro Cultural de Alcántara. Mondoñedo (2016)
Feira do Libro. A Coruña (2016)
Santa Cruz de la Palma. La Palma. Illes Canàries (2016)
Ateneo de Santiago. Santiago de Compostela (2016)
Palacio de la Magdalena. Santander (2016)
A Corunha (2016)
Museo Provincial. Lugo (2016)
Pontevedra (2016)
Rianxo (2016)