Tito
Pérez

Naceu na Coruña en 1983. Aínda que as súas raíces habería que procuralas na aldea lucense do Picato, é no barrio de Monte Alto onde xace a súa identidade.
Titulado en Enxeñería Técnica Industrial, como escritor cultiva relato e poesía. En relato foille concedido o IX Certame de Narrativa Rosa Reboredo e o X Premio de Relatos Curtos da Sociedade Liceo de Noia. Ademais, acadou diversos premios e mencións nos certames Francisco Lorenzo Mariño de Aguiño, Terras de Chamoso, Xuventude Crea, Rosa de Cen Follas e Manuel María de Poesía. Ten publicado en varios números da Revista Atenea do Ateneo Ferrolán e participado en volumes colectivos como Versus cianuro, poemas contra a mina de ouro de Corcoesto.

A súa primeira publicación a título individual é Vinte fragmentos de mocidade voraz.

[Xuño, 2016]