Olalla
Cociña

Olalla Cociña Lozano naceu en 1979 en Viveiro. No 2000 obtivo o premio de poesía 'O Facho', outorgado pola asociación coruñesa do mesmo nome, e catro anos despois acadou o segundo premio na XVIII edición do certame literario da Asociación Cultural Galega Rosalía de Castro de Cornellá. Ten publicado As cervicais da memoria (editorial Fervenza, premio de poesía 'Avelina Valladares' 2004), aquí (intemperies) (colección "Poeta en Compostela" Grupo Correo, Concello de Santiago, AELG, 2006) e Libro de Alicia (editorial Espiral Maior, premio de poesía Fiz Vergara Vilariño 2008).

Participou nas publicacións colectivas Das sonorosas cordas. 15 poetas desde Galicia (Eneida, 2005), Poetas con Rosalía (Fundación Rosalía de Castro, 2006) e Volverlles a palabra (Difusora de Artes e Letras, 2006), entre outras. Ten colaborado en diversos xornais e revistas como Animal, Serta, A Micro Pechado, A Nosa Terra, Xornal de Galicia, Galicia Hoxe (RDL), ABC (Suplemento Artes & Letras. Galicia), InfoXove, MOVE ou sèrieAlfa.art i literatura.
Mantén a parte textual do blog www.reveladora.blogspot.com e http://acordome.blogspot.com/