Agustín
Lorenzo Fidalgo

Nace nas Terras Altas do Arnoia. Despois do seu paso pola Escola Rural, cursa Bacharelato no IES Blanco Amor de Ourense e posteriormente Maxisterio e Filosofía e Ciencias da Educación na Universidade de Santiago de Compostela.

Ten colabordo na revista A Peneira.

En 2014 participa na Antoloxía Sendero de poetas (Ed. Quadrivium), para en 2015 publicar o seu primeiro poemario, Frío, finalista no Certame de poesía D. Ramón Puga - Cadena SER Ourense. Soles y princesas, o seu segundo poemario, publícase en 2016, e 2017 verá nacer o primeiro libro de poemas en galego, Tempos eivados. En 2018 saen do prelo os dous seguintes, Outonizos poemas e Unha terra insubmisa.

[Setembro, 2018]