11 de maio de 2019
Gala do Libro Galego 2017 Organizan a Asociación Galega de Editoras, a Federación de Librarías de Galicia e a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega

As tres entidades convocantes xa están traballando na cuarta edición desta Gala, que premiará os mellores traballos na seguintes categorías:

  1. Ensaio e investigación
  2. Divulgación
  3. Narrativa
  4. Infantil
  5. Xuvenil
  6. Libro ilustrado
  7. Libro de banda deseñada
  8. Iniciativa bibliográfica
  9. Tradución
  10. Poesía
  11. Teatro
  12. Libro mellor editado

Premiaranse tamén as mellores traxectorias nas seguintes modalidades:

  1. Iniciativa cultural ou fomento da lectura
  2. Proxecto literario na rede
  3. Xornalismo cultural

Ademais, entregaranse os premios honoríficos de cada unha das entidades convocantes.