24 de febreiro de 2019

O Consello Directivo da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG) acordou na súa última reunión a preparación de diversas actividades para o Día de Rosalía de Castro 2018, que terá lugar o 24 de febreiro, domingo. A Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG) conmemorará un ano máis o Día de Rosalía de Castro, no aniversario do nacemento da autora. Desde 2010, esta entidade propuxo á cidadanía que agasalle un libro en galego e unha flor, alén doutras accións que contaron con grande aceptación e impulso por parte da sociedade, e moi especialmente polo sector educativo, como se pode comprobar no arquivo audiovisual e de imaxes da nosa web.

Para a edición de 2019 Ana Romaní é a persoa escollida para a redacción do Manifesto da AELG, que será lido no acto central do Día de Rosalía de Castro, que terá lugar o propio domingo 24 de febreiro no Panteón de Galegos Ilustres, en Santiago de Compostela. O texto será tamén lido en todos os actos promovidos pola AELG. así como nos organizados por outras entidades que se sumen ás propostas que a entidade remitirá a concellos, asociacións, centros de ensino…