A AELG colabora neste curso coa Universidade de Santiago mediante o patrocinio da Secretaría xeral de Política Lingüística.
Foto da actividade
Seminario e curso de Formación: Autoras, editoras, ilustradoras, tradutoras e investigadoras na LIX galega

 

O presente curso ofrécese como resultado do Seminario realizado por investigadores do marco ibérico e ten como finalidade formar e informar sobre as mulleres como axentes literarias na LIX galega. O obxectivo é que as protagonistas falen da súa propia traxectoria para visibilizar o labor das mulleres e que os mediadores (dende a docencia, a familia, a lexislación, a edición, a biblioteca) estean informados e traballen en cuestións de xénero a partir da visibilidade da Literatura Infantil e Xuvenil, xa que esta reflicte todos os avatares polos que pasaron as mulleres. Esta formación está xeralmente excluída, ou pouco ofertada, nos plans de estudo dos graos, malia a súa transcendencia en ámbitos básicos como a formación e a comprensión lectora e escrita.

 

Lugar, data e horarios
Día 16 de novembro: Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades (Rúa San Roque, 2, Santiago de Compostela)
Día 17 de novembro: Biblioteca Afundación (Rúa Frei Rosendo Salvado, 14-16, Santiago de Compostela)

 

Carga docente
10 horas. A homologación ten que solicitarse individualmente unha vez finalizado o curso á Consellería de Educación, Universidade e  Formación Profesional como formación permanente do profesorado.

Requisitos de acceso
Mestres/as e profesorado de secundaria e bacharelato. Calquera interesado/a no tema.

Matrícula
Ata o 16 de novembro de 2018, con prezo de 25€ a ingresar nun único prazo en Banco Santander (ES40-0049-2584-9022-1400-2210), con concepto Seminario e curso de Formación: Autoras, editoras, ilustradoras, tradutoras e investigadoras na LIX galega

Número de prazas
150

Información

Universidade de Santiago de Compostela
Instituto de Ciencias da Educación (ICE)
Telfs. 881814470 / 881814475 / 881814478 icesecretaria@usc.es

Universidade de Santiago de Compostela
Marta Neira Rodríguez marta.neira@usc.es

Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG)
oficina@aelg.org

Biblioteca Afundación
Telf. 981 59 34 67 biblio.santiago@afundacion.org

 

Programa

 

Venres 16 de novembro
Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades (Rúa San Roque, 2, Santiago de Compostela)

16,00-16,15 Recollida do material

16,15-16,30 Inauguración: Secretario Xeral de Política Lingüística, representante da AELG e directoras do curso.

16,30-17,00 O papel das mulleres na LIX galega no século XXI
Carmen Franco e Marta Neira (USC)

17,00-17,30 Presentación de libros da LIX
Eulalia Agrelo (Universidade de Vigo)

17,30-18,00  Descanso

18,00-19,00 Mesa redonda: O papel das editoras no século XXI
Laura Rodríguez, Hércules Ediciones; Belén López, Bahía; Ana Guerra, Obradoiro
Presenta: Marta Neira (USC-ICE-CRPIH-CEU Vigo)

19,00-20.00 Mesa redonda: As tradutoras na LIX
María Alonso Seisdedos, Mercedes Pacheco e Raquel Senra
Presenta: Anxela Gracián (USC)

20,00-21,00 Mesa redonda: Ilustradoras
Presenta: Estella Freire (ICE-USC)
 


Sábado 17 de Novembro
Biblioteca Afundación (Rúa Frei Rosendo Salvado, 14-16, Santiago de Compostela).

9,30 -11,00 Taller de ilustración. Miradas femininas
Olalla Cortizas Varela, Cristina Trigo Martínez e Guillermo Calviño (ICE-USC-UdC).

11,00-11,30 Descanso

11,30-12,30 Mesa redonda: Autoras da LIX galega
Marilar Aleixandre, Paula Carballeira, Fina Casalderrey
Presenta: Mar Fernández (CRPIH-ICE-USC)

12,30-13,30 Mesa redonda: Investigadoras e críticas
Isabel Mociño, UVigo; Carmen Ferreira, UdC; Carmen Franco, USC; Sara Reis, U. do Minho e Ana Cristina Macedo, ESE Porto
Presenta: Blanca-Ana Roig (CRPIH-ICE-USC)

13,30-14,00 Clausura: director da Biblioteca Afundación e directoras do curso.

Entrega de certificacións

 


Directoras
Carmen Franco Vázquez e Blanca-Ana Roig Rechou
Instituto de Ciencias da Educación. Universidade de Santiago de Compostela/ Centro
Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades

Coordinación e Secretaría
Marta Neira Rodríguez
Universidade de Santiago de Compostela/Escola Universitaria CEU de Maxisterio de Vigo/ Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades
Mar Fernández Vázquez
Instituto de Ciencias da Educación. Universidade de Santiago de Compostela/Centro
Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades

Convocan

  • Universidade de Santiago de Compostela. Instituto de Ciencias da Educación. Grupo de
  • Investigación LITER21
  • Xunta de Galicia. Consellería de Cultura e Turismo
  • Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades
  • Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega

Entidades colaboradoras:

  • Biblioteca Afundación
  • Rede Temática de investigación “As Literaturas Infantís e Xuvenís do Marco Ibérico e Iberoamericano (LIXMI)”
  • Centro de Investigación de Procesos e Prácticas Culturais Emerxentes (CIPPCE) – USC
  • Asociacións: ANILIJ-ELOS; ELOS-GALICIA