asociación de escritoras e escritores en lingua galega
Mestras e Mestres da memoria

A Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega a proposta da Sección de Literatura de Tradición Oral, acordou crear en 2013 os Premios Mestras e Mestres da Memoria co obxectivo de recoñecer publicamente, seguindo as directrices da Unesco, aquelas persoas que dan vida e futuro ao Patrimonio Cultural Inmaterial.

Trátase de significar e apoiar persoas que atesouran e transmiten, ademais de contribuír á súa salvagarda, valores culturais relevantes para as comunidades das que forman parte.

O recoñecemento consiste na entrega en acto público dun diploma acreditativo, así como na difusión dos méritos que honran ao Mestre ou Mestra. Téñense en conta características como a creatividade, o arraigo, o carácter representativo e o risco de desaparición da tradición da que é portadora esa persoa.

Por tanto, son recoñecidas como Mestras e Mestres da Memoria as persoas que acadan un grao de excelencia narrando historias (contos, lendas...), que cantan, bailan e/ou interpretan temas musicais tradicionais, que coñecen e interpretan usos relacionados coa natureza ou co universo (curandeiros/as, menciñeiros/as...), que coñecen e fan uso de técnicas artesanais tradicionais, e, en definitiva, aqueles e aquelas que amosaron ao longo da súa vida interese por coñecer, usar e transmitir saberes herdados do pasado.

Eirexúa, Xudán (A Pontenova-Lugo), 1924
Datos biográficos:

Ángel Rivas Veiga naceu no medio doutros cinco irmáns o 1 de novembro de 1924 no lugar de Eirexúa, parroquia de Xudán, concello da Pontenova (Lugo). Aquí naceu e aquí residiu ata que casou e se trasladou a Orxás, en Pousada, concello da Pastor ... [+]

Cabana (Cabana de Bergantiños-A Coruña), 1930
Datos biográficos:

Coñecida entre a veciñanza como "Dolores do Coxo", os seus ollos brillan cando alguén se achega a saudala e mais cando lle falan de coplas. A súa cabeza non deixa de lembrar os versos que aprendeu desde ben nova.
Dolores Macías naceu o 7 de abri ... [+]

Arca, Montouto (Abadín-Lugo), 1943
Datos biográficos:

Elena Requeijo Barro (Elba Requeijo), naceu en Arca, Montouto, en 1943. Criouse onde agora vive, no lugar das Basilias, na parroquia de Labrada, concello de Abadín. Alí medrou entre os traballos propios do medio, da idade e do sexo, e os xogos con xoguetes de fabricación prop ... [+]

Lugar do Pando, Cuíñas (A Fonsagrada-Lugo), 1932
Datos biográficos:

Emilio Pérez Álvarez, Emilio do Pando, naceu no lugar do Pando, parroquia de Cuíñas, concello da Fonsagrada (Lugo) un  27 de febreiro de 1932. Foi o máis cativo de dez irmáns, criados nunha casa con moitas necesidades pero tamén alegr ... [+]

Santaballa (Vilalba-Lugo), 1921
Datos biográficos:

Josefa Arias Castelo naceu no albor do século XX, o 14 de setembro de 1921, nas terras chairegas de Santaballa, unha das parroquias do Concello de Vilalba. Criouse no seo dunha familia labrega humilde, nunha situación privilexiada como filla vinculeira.
Dende moi nena acudiu ... [+]

Cerdedo (Cerdedo-Pontevedra), 1930
Datos biográficos:

Manuela Cortizo Medal, Manuela das Marianas, naceu o 13 de xullo de 1930 en Cerdedo (Pontevedra). De pequena trasladouse ao lugar de Barro de Arén, no mesmo concello, onde reside desde entón. Alí casou con José Álvarez Sieiro, criou dúas fillas, Sinda e A ... [+]

Datos biográficos:

Xosé Luís Rivas Cruz, coñecido polo alcume de Mini, naceu en San Martiño de Pacios (Begonte) o 18 de xuño de 1951. É mestre, músico, cantante, compositor, musicólogo e tamén político en exercicio no concello de ... [+]

Alén, Xirarga (Beariz-Ourense),
Datos biográficos:

Orosia Gil Ramos naceu o 27 de marzo de 1922 no lugar da Alén, onde traballou nos oficios do campo, tivo gando, andou ao xornal e tamén trouxo á vida e criou  un fillo, Manuel, que para os máis dos veciños é Manolo d'Orosia e act ... [+]

Corme (Corme-A Coruña), 1933
Datos biográficos:

MAR DE IRLANDA

Mar de Irlanda, Mar de Irlanda,

mar agarimoso e traidor,

fuches de min o sustento

e tamén depredador.

De ti saquei pan prós fillos

mais todo o que eu non tivera

a cambio en ti eu de ... [+]

Moaña (Moaña-Pontevedra), 1966
Datos biográficos:

Xavier Blanco, da estirpe dos Soledás, naceu e reside en Moaña, onde desenvolve o seu traballo profesional na Escola Municipal de Música Tradicional do concello de Moaña. Nel reúnense, como sucede en moi poucos outros casos, a capacidade  e o interese para ... [+]