A Asociacion de Escritoras e Escritores en Lingua Galega quere facer público o seu pesar polo pasamento da escritora María do Carme Kruckenberg, nomeada no ano 2006 Socia de honra pola Asemblea de Socios e Socias da AELG, da que foi vicepresidenta en 1986, termando da asociación coa valentía e a coraxe precisas, apostando firmemente por unha continuidade necesaria.
Os restos mortais da poeta foron trasladados o tanatorio de Pereiró, na súa cidade natal, Vigo. Logo dunha breve cerimonia relixiosa e antes da súa incineración, celebrouse ás 18.00 do domingo, 17 de maio, unha homenaxe cívico-poética na que amigas e amigos de María do Carme leron a súa obra.