Científicas, escritoras, lectoras. Nas fronteiras da ciencia e a literatura
Cando pensamos nas grandes figuras da ciencia, da literatura e de case calquera manifestación cultural, os primeiros nomes que veñen á nosa mente son, demasiado a miúdo, masculinos. A tradición, as inercias pesan moito, aínda hoxe. Nesta edición, queremos contribuír a reparar a débeda coas mulleres e, por iso,dedicamos este ciclo de charlas ás creadoras, de ciencias, de letras, de agora e de antes.
As mulleres non foron pasivas nin indiferentes á actividade científica nin ao papel que debían desempeñar dentro dasociedade. Elas escribiron dende tempos inmemoriais, crearon mitos modernos, participaron en expedicións científicas, fixeron achados clave, e divulgaron e cuestionado as ideas científicas.
“Científicas, escritoras, lectoras. Nas fronteiras da ciencia e a literatura” explora os territorios fronteirizos das ciencias e as letras por onde transitou a mirada atenta das mulleres. O ciclo organízase como parte do certame literario Inspiraciencia e terá lugar en distintas cidades.
Un dos faladoiros terá lugar no Pazo da Cultura de Pontevedra, ás 18.00 do 27 de marzo, con título 'Isabel Zendala: cando a literatura rescata a ciencia', coa participación de María Solar, xornalista da Televisión de Galicia e a Radio Galega, licenciada en Xornalismo e en Bioloxía, diplomada en Maxisterio e Especialista en Información Ecolóxica e Medioambiental.
Vexa aquí o programa completo.