Iria
Collazo

Naceu en Barro (Pontevedra) en 1981, pero leva no Morrazo (primeiro Moaña, agora Cangas) desde os sete anos. As historias que lIe contaron, que vive e que respira nestes dous lugares impregnan boa parte do que escribe.

Estudou Filoloxía Galega na Universidade de Vigo e titulouse co Premio Extraordinario Fin de Carreira. Ao ano seguinte aprobou as oposicións ao Ensino Secundario e hoxe exerce como profesora de Lingua e Literatura Galega.

Coma unha áncora, unha novela de amor, mar e xustiza é a súa primeira obra literaria publicada. A segunda chegou en 2016, A soidade das medusas, un conxunto de relatos enlazados que conta coas marabillosas ilustracións de Luz Beloso e que foi finalista dos Premios da Gala do Libro Galego dese mesmo ano. Foi traducida ao francés en 2018 co nome La solitude des méduses e publicada pola editorial Solanhets. Coma unha áncora e A soidade das medusas están publicadas na colección Costa Oeste da Editorial Galaxia.

[Febreiro, 2018]